Peregrinos e veciños contan cunha nova fonte no Camiño ó seu paso por Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Peregrinos e veciños contan en Neda cunha nova fonte xunto ó lavadoiro de Conces, en pleno Camiño Inglés. A infraestrutura inclúese no proxecto Life Water Way, co que se busca crear unha rede piloto de fontes públicas ó longo da ruta marítima a Compostela. En concreto, participan do mesmo 18 concellos, incluído o de Neda.

O obxectivo é que estes puntos de micro-abastecemento seguro permitan que os peregrinos e peregrinas poidan encher unha cantimplora de medio litro con certa periodicidade, 6 kms aproximadamente, ademais de facilitar este servizo á veciñanza. Deste xeito, habilitando os recursos necesarios tamén se contribúe a reducir o uso de botellas de plástico e, en moitas ocasións, o seu abandono en camiños e pistas, co conseguinte perxuízo para o medio natural.

A fonte sita en Neda segue o modelo uniforme e recoñecible elixido para todo o Camiño, e está realizada en aceiro inoxidable, granito e madeira, de acordo coa estética da contorna.

Share.

Comments are closed.