Mércores, Febreiro 21

Neda abre este martes o prazo de solicitude das axudas para apoiar aos seus mellores deportistas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello abre este martes o para solicitar as axudas destinadas a deportistas individuais do municipio, que compitan en probas de categoría autonómica, nacional ou internacional. Trátase dun compromiso adquirido tempo atrás para polo goberno local para apoiar a práctica e o rendemento deportivo.

Segundo a convocatoria, que hoxe se publica no Boletín Oficial da Provincia, poderán optar a esta subvención deportistas empadroados en Neda, cunha antigüidade mínima de dos anos consecutivos, que participen en competición organizadas ou recoñecidas polas respectivas federacións, e que teñan relevancia a nivel galego, español ou internacional. En todo caso, deberán acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, no ano anterior ao da solicitude.

As persoas que queiran acceder ás axudas disporán dende mañá e durante 20 días naturais para presentar por vía telemática a correspondente solicitude e documentación. O Concello reservou para esta finalidade 4.000 euros, establecendo a contía máxima por axuda en 800 euros.

O reparto dos fondos virá decidido polo proxecto deportivo desenvolvido ao longo da anualidade; os resultados obtidos nas dúas tempadas anteriores á da solicitude en competición oficial; a implantación e importancia da modalidade deportiva a nivel nacional; e da achega económica para o desenvolvemento do proxecto competición. Teranse ademais en conta méritos como o recoñecemento como deportista de alto nivel, convocatoria para a selección galega, nacional…

Estas novas axudas municipais buscan polo tanto facilitar o traballo de deportistas nedenses, que son un bo exemplo para todos, e contribuír a que poidan reforzar o seu desenvolvemento deportivo e profesional.

DOCUMENTACION RELACIONDA (Botón dereito Gardar enlace como .zip)
IMPRESO XUSTIFICACION SUBVENCIONS_ACTIVIDADES_2023

Share.

Comments are closed.