O Concello convida a instalar trampas nas proximidades das vivendas para combater ás velutinas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda fai súas as recomendacións de AGA Ferrolterra para combater a vespa velutina, e convida aos veciños e veciñas do rural a colaborar no traballo de trampeo para evitar así o risco de ter un niño ao pé da casa. Apunta que só colocando un par de trampas en cada horta ou xardín pode evitarse que constrúan niños ata nun radio de 150 metros.

A estas alturas do ano as velutinas comezan a saír do seu letargo invernal. Por iso dende marzo ata finais de maio, época coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario, é o mellor momento para capturar ás raíñas.

Lembran dende o Concello o risco que supón a Vespa velutina nigritorax tanto para o hábitat como para as persoas pola súa agresivas na proximidade dos seus niños – non fai falla sequera achegarse para que ataquen- e polo cantidade de veleno que inxectan dado o seu tamaño.

Recomendacións de AGA Ferrolterra para o trampeo das velutinas

Share.

Comments are closed.