O Concello de Neda anima á veciñanza a sumarse ó Entroido nas redes sociais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda anima a veciños e veciñas a sumarse á iniciativa Entroido nas redes sociais enviando as súas fotografías disfrazados. Mañá venres ábrese o prazo de recepción, e todas as persoas que participen recibirán un pequeno obsequio. Ademais, participarán no sorteo de 5 cestas con produtos típicos destas datas, valoradas cada unha en 100 euros.

Haberá 2 categorías: individual -para todas as idades- e familiar, e o prazo para remitir as imaxes ao whatsapp 650 484 521 ou correo cultura@neda.gal estará aberto ata o 2 de marzo. En todo caso, no envío deberán sinalar nome e apelidos, DNI, idade e enderezo, e adxuntar o documento de autorización de uso de datos e unha autorización para menores que poden recollerse na casa da cultura ou descargarse da web municipal.

A partir de aí, o Concello compartirá as fotos nas redes sociais municipais. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo, consistente nalgunha das variedades de doces de Entroido segundo a idade e, entre todos e todas, sortearanse as cestas de Entroido. Será o 3 de marzo en presenza do secretario municipal, e o resultado comunicarase ás persoas gañadoras.

BASES ENTROIDO

DATOS PROTECCIÓN PERSOAS ADULTAS

AUTORIZACIÓN MENORES E PROTECCIÓN DE DATOS

Share.

Comments are closed.