Domingo, Maio 29

O Concello de Neda convoca o proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de Turismo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda contratará a un/ha técnico/a de Turismo con cargo ao programa de subvencións da Deputación para o financiamiento do gasto de persoal das oficinas en 2022. O Boletín Oficial da Provincia publicaba hoxe o anuncio da convocatoria, abrindo así o prazo de presentación de solicitudes para optar ao proceso selectivo (prazo de 5 días hábiles que comezarán a contar a partir deste xoves 12 de maio).

As funcións a realizar serán, entre outras, as seguintes: acollida ao turista; facilitar información turística aos visitantes polo distintos canles de comunicación; información sobre recursos turísticos, culturais e naturais, control do albergue e asistencia a peregrinos, asistencia a feiras de turismo e desenvolvemento de actividades promovidas pola Concellería de Turismo; tarefas administrativas xerais, elaboración de estatísticas… ou control do material da oficina e inventario, entre outras.

O contrato terá unha duración de 4 meses, e a xornada poderá ser de mañá, tarde ou partida, segundo as necesidades do servizo. As retribucións brutas en cómputo mensual serán de 1.921,14 euros, incluídos todos os conceptos.

Tanto as bases como a ficha de solicitude pode descargarse do BOP, no seguinte enlace: https://cutt.ly/CHtjXDq

 

Share.

Comments are closed.