Sábado, Setembro 23

Esgótanse en tan só unhas horas as prazas para a “Ruta dos muíños do Belelle”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O aluvión de chamadas e correos electrónicos recibidos polo departamento de Cultura de Neda fixo que, en tan só unas horas, se esgotaran a totalidade das prazas dispoñibles para a “Ruta dos muíños do Belelle”, incluída na programación da Festa do Pan 2023.

O itinerario guiado, con saída da Igrexa de Santa María, terá lugar o 2 de setembro, día anterior á xornada de exaltación do produto estrela da gastronomía local, e permitirá descubrir a importancia que o río Belelle, cos seus numerosos muíños (fariñeiros, fábricas de papel, ferrerías) tivo historicamente para o desenvolvemento da vila, e o seu papel clave na tradición panadeira da vila.

Dende o Concello agradécese a excelente acollida brindada, un ano máis, pola xente da localidade e de fóra a esta iniciativa orientada á difusión do patrimonio etnográfico local.

Share.

Comments are closed.