Mércores, Decembro 4

CONVOCATORIA PARA O NOMEAMENTO INTERINO DE TÉCNICO/A EN TURISMO DESTE CONCELLO DE NEDA.

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 02/05/2022, as bases reguladoras e a convocatoria do procedemento selectivo para o nomeamento interino de técnico/a en turismo deste Concello de Neda, ao abeiro do disposto no artigo 10.1.c) do Texto
refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupación de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar
o gasto de persoal das oficinas de turismo en 2022.
O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que tivo lugar no BOP no. 89, desta mesma data.
As persoas interesadas poden obter o modelo normalizado de solicitude e as bases da convocatoria, tanto na páxina web do concello – http://www.neda.gal – como no Rexistro Xeral do mesmo, sito na Avda. de Algeciras, no. 34.

DOCUMENTACION

Share.

Comments are closed.