Mércores, Decembro 4

O Concello anima á veciñanza a sumarse ás alegacións que presentará ao Parque Eólico Caaveiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Estando en prazo de alegacións a solicitude de autorización administrativa previa e o estudo de impacto ambiental do Parque Eólico Caaveiro, o Concello de Neda vai presentar as correspondentes alegacións, de acordo coa plataforma “Neda di Non”. Nesta liña, e co fin de facilitar que toda a veciñanza poida sumarse ás alegacións xerais, aqueles veciños e veciñas que así o desexen poden adherirse ás mesmas e, a tal fin, terán á sua disposición asesoramento legal especializado. Este aclarará calquera dúbida e axudará a formalizar as firmas de adhesión da veciñanza, para o cal terán que facilitar o seu DNI, nome e apelidos e enderezo. Trámites que poderán facer nas seguintes datas e lugares:

-Local social da AVV Viladonelle: o luns 19 de xullo de 16:30 a 21:30 horas

-Local social da AVV Anca: o martes 20 e o mércores 21 de xullo de 16:30 a 21:30 horas

-Casa da Cultura de Neda: o xoves 22 de xullo de 16:30 a 21:30 horas.

Share.

Comments are closed.