Novas charlas do programa Saúde e Escola para o alumnado do CEIP San Isidro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa Saúde e Escola que impulsa o Concello de Neda recalou esta mañá no CEIP San Isidro. Alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron nas charlas impartidas por Asotrame -Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea-. Sesións nas que, dun xeito cercano e participativo, representantes da entidade achegaron ós estudantes as experiencias polas que pasan os pacientes hematolóxicos, fomentando así o coñecemento, a empatía e a solidariedade e, nun futuro, a doazón de médula ósea, clave para salvar vidas.

O programa completa así o seu paso polos coles de Neda, tras a celebración das charlas no CEIP de Maciñeira e, durante a próxima semana, desenvolverase no IES Fernando Esquío.

Un programa que o Concello realiza coa colaboración de entidades do ámbito sociosanitario como Asotrame, e que continuará nos vindeiros meses nos centros.

Share.

Comments are closed.