O Concello volverá a convidar á veciñanza a celebrar o Entroido nas redes sociais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un ano máis, o Concello de Neda levará a celebración do Entroido ás redes sociais convidando á veciñanza a disfrazarse, compartir as súas imaxes e optar ás cestas con produtos típicos que sorteará entre todos os veciños e veciñas que se sumen á iniciativa. Así mesmo, premiará a participación cun detalle para todos eles.

Haberá 2 categorías: individual -para todas as idades- e familiar, e o prazo para remitir as imaxes ao whatsapp 650 484 521 ou correo cultura@neda.gal abrirase o 25 de febreiro (ata o 2 de marzo). En todo caso, deberán sinalar nome e apelidos, DNI, idade e enderezo, e adxuntar o documento de autorización de uso de datos e unha autorización para menores que poden recollerse na casa da cultura ou descargarse da web municipal.

Todas as persoas participantes recibirán un agasallo, consistente nalgunha das variedades de doces de Entroido segundo a idade e, entre todos e todas, sortearanse 5 cestas con produtos típicos destas datas valoradas en 100 euros cada unha. Este sorteo realizarase o 3 de marzo en presenza do secretario municipal, e o resultado comunicarase ás persoas gañadoras.

BASES

PROTECCIÓN DE DATOS

Datos protección menores e autorización ENTROIDO EN NEDA

Share.

Comments are closed.