Cada veciño depositou nos contedores amarelos e azuis unha media de 30 kgs de residuos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cada veciño e veciña do Concello de Neda reciclou o pasado ano unha media de 15,21 kgs de residuos domésticos depositándoos nos contedores amarelos (reservados para envases de plástico, latas e bricks) e outros 15,04 kgs no contedor azul (papel e cartón). Datos recollidos no informe anual de Ecoembes que constatan a tendencia positiva na recollida selectiva, incrementándose nun 36,52% no primeiro caso e nun 85,51% no segundo durante os últimos cinco anos. Precisamente, 2016 foi un punto de inflexión, coa instalación de 94 colectores amarelos e azuis, pasando así dos 118 ós 212.

Neste contexto, o Concello agradece a colaboración veciñal nesta tarefa común, xa que permitiu recuperar en 2021 un total de 151.940 quilogramos de lixo a través da recollida selectiva nos colectores amarelos e azuis, contribuíndo así a mellorar a calidade medioambiental e a protección da natureza. De igual xeito, subliña a implicación de Ecoembes e a importancia de manter as accións de información e sensibilización.

Share.

Comments are closed.