A unidade móbil de doazón de sangue recalará este sábado pola mañá na vila de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Este sábado, 28 de agosto, desprazarase a Neda unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue, que se situará diante da Casa da Cultura. Dende o Concello animan á veciñanza a doar especialmente durante este período estival, máis complicado pola deslocalización dos doantes habituais, mentres se mantén a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios galegos

Dende a Axencia aconsellan aos cidadáns que queiran achegarse o sábado á unidade móbil, que permanecerá na vila entre as 10 e as 15 horas, que soliciten cita previa no teléfono 900 100 828. Non obstante, non resulta imprescindible. Apuntan ademais que, neste momento, son precisas doazóns de todos os grupos sanguíneos pero, sobre todo as do Cero Negativo (0-), cuxas reservas están baixas.

Share.

Comments are closed.