Nova oportunidade para que os nenos e nenas de Neda poidan desfrutar do slackline e do circuíto ninja. Dado o interese que espertou esta actividade deportiva estival, que se desenvolverá este venres e que esgotou prazas ao pouco de anunciarse, o Concello programa unha nova entrega o día 3 de setembro.
Como desta volta, a proposta terá lugar na pista de Subarreiros, de 10.30 a 13.30 horas. E neste tempo os máis pequenos -cativos de 4 anos en adiante- poderán mostrar a súa pericia ao desprazarse pola cintas suspendidas no aire entre dous puntos facendo equilibrio só co seu corpo, ademais de poder saltar e realizar probas sobre a corda. Habilitarase ademais un espazo para a escalada e unha estación de psicomotricidade.
Dende o Concello solicitan ás familias dos nenos e nenas que quedaron en lista de agarda na primeira entre que confirmen, se aínda non o fixeron, o seu interese por participar nesta segunda xornada, chamando ao teléfono 981 39 02 33. No mesmo número, ábrese o prazo de inscrición ata cubrir prazas para esta proposta deportiva. A actividade é completamente de balde.