Vinte familias de Neda participan no programa de compostaxe municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Vinte familias da zona rural de Neda participan no programa de compostaxe doméstica municipal, desenvolvido en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O programa, iniciado na anualidade 2022, contou con gran acollida entre a cidadanía tal e como desprenden os controis efectuados “porta a porta” por técnicos especialistas na materia.

A maioría dos compostadores están a funcionar de maneira correcta, o que contribúe en boa medida á redución de residuos orgánicos a depositar nos colectores convencionais, así como á redución da emisión de gases efecto invernadoiro á atmosfera.

Share.

Comments are closed.