Paseo literario pola vila de Neda cun guía de excepción: o escritor Vicente Araguas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O escritor e Fillo Predilecto de Neda, Vicente Araguas, actuará como guía de excepción nun paseo literario pola vila de Neda. Celebrarase o vindeiro martes 28 de decembro en horario de tarde, nunha iniciativa organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Deputación provincial da Coruña e a colaboración do Concello.

O percorrido, dunha hora e media de duración, partirá do agro da igrexa de San Nicolás de Neda ás 16,30 horas, e a participación é gratuíta, con inscrición previa enviando un correo electrónico ao enderezo oficina@aelg.org. As prazas están limitadas a 25.

A iniciativa forma parte do proxecto Paseos Literarios por Vilas da Provincia da Coruña, promovido ao longo deste ano 2021, e con esta última parada no noso municipio.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade oficial que reúne máis de 470 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións.

Share.

Comments are closed.