Xoves, Agosto 11

A Cabalgata de Papá Noel percorrerá todo o municipio de Neda o próximo 24 de decembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Papá Noel adiantará unhas horas a súa chegada á comarca para ver a todos os nenos e nenas de Neda. Así, e un ano máis, o Concello organizará a súa clásica cabalgata para levar por todo o municipio un pouco de ilusión aos máis pequenos da casa.

Neda cumprirá a tradición, e a carroza de Papá Noel e os seus paxes percorrerá de punta a punta a localidade durante o venres 24 de decembro. O obxectivo: que ningún neno quede sen ver “ao home de vermello”.

E así, o desfile arrincará ás 10 horas da rúa Valle Inclán ata chegar a cada recuncho da localidade, indo a comitiva acompañada por efectivos da Policía Local e Protección Civil, que anunciarán coas súas luces e sereas o paso. Deste xeito, será fácil que os nenos saiban cando deben saír ás xanelas, ao balcón ou ao exterior das súas vivendas para saudar a Papá Noel.

Un ano máis, o reto marcado polo goberno local, organizador da cabalgata, pasa por que os meniños gocen do paso da carroza desde a súa propia vivenda, sen necesidade de desprazarse, nin aglomerarse nas rúas. En definitiva, en lugar de saír na busca da comitiva, será esta a que, dalgún modo, os busque a eles.

Share.

Comments are closed.