Domingo, Decembro 8

O Concello convoca unha liña de axudas para paliar o impacto da covid-19 en pequenas empresas e autónomos do termo municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda habilita unha nova liña de subvencións destinadas a paliar o impacto derivado da crise socioeconómica ocasionada polo covid-19 sobre as pequenas empresas e persoas traballadoras autónomas do municipio. Consistirán nunha axuda de importe máximo de 1.000 euros, e o prazo de solicitude ábrese mañá, e por espazo de 20 días hábiles, trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: https://cutt.ly/MUxzjco. O Concello reservará unha partida de 70.000 euros ampliable. A presentación de solicitudes deberá realizarse a través da sede electrónica.

Con elas, as persoas beneficiarias poderán financiar gastos estruturais e de funcionamento correntes, podendo dirixirse aos gastos de aluguer de local ou vehículos da empresa, gastos hipotecarios do local ou sede social da empresa, dixitalización do negocio, nóminas de traballadores, cotas á seguridade social dos traballadores ou empresario autónomo, mercadotecnia e publicidade, actuacións de mantemento do local, subministracións de materias primas, servizos profesionais independentes, primas de seguros e subministracións (auga, electricidade e gas)… Iso si, deberán terse realizado e abonado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica con domicilio en Neda e cuxa facturación se vira reducida, polo menos, nun 25% no exercicio 2020 con relación o exercicio 2019. Entre outros sectores de actividade, taxistas, hostalería, hospedaxes e pensións, traballadores/as do sector da verbena (feirantes, piroctenias…), perruquerías, comercios…

Esta nova liña de subvencións trata de completar as axudas xa outorgadas con anterioridade polo concello no ano 2020, como foron as axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Neda, para paliar os efectos do covid-19, financiada con cargo ás axudas do PEL REACTIVA de concellos adheridos ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia de A Coruña financiadas nun 20% con fondos propios.

Share.

Comments are closed.