O Servizo de Normalización Lingüística activa “Somos Rosalías”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, poñen en marcha a iniciativa “Somos Rosalías. Coa forza da lingua”. Con ela, conmemorarán xunto á cidadanía o Día de Rosalía. Para iso, convidan a veciños e veciñas a caracterizarse da poetisa galega e enviar as súas fotos para compartir nas redes sociais municipais e na web “Ferrolterra con lingua”, sumándose así a este particular tributo. Tamén se poden remitir vídeos coa caracterización e recitar algúns dos versos de Rosalía.

O prazo de recepción de imaxes ábrese mañá, ata o 21 de febreiro, no correo cultura@neda.gal e whatsapp 650 484 521

Share.

Comments are closed.