A Biblioteca Municipal de Neda cumpre 40 anos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Biblioteca Municipal de Neda está de aniversario. Neste 2022, cumpre 40 anos dende a súa apertura, e o Concello non quere deixar pasar por alto esta efeméride tan especial. É por isto que, a partir de febreiro e durante todo o ano, programará diferentes actividades vinculadas a esta celebración. Así, o narrador Quico Cadaval ofrecerá este venres a partir das 20 h o seu espectáculo “Os inocentes”. A obra nace da operación de pulido e compulsa co público, ata lograr a forma definitiva do relato escénico. Con “Os inocentes”, logra un espectáculo de sorprendente coherencia, coa aparición dun retábulo da inocencia, un tríptico con tres protagonistas Manuel, Marquiños e Pastor, que fan honra a todos os alcumes, humillantes ou compasivos que se lles colocou a estas personaxes: almiñas, á boa de deus, que lles falta un fervor, que non son ben donos dos seus días… Personaxes que dende a sua singularidade mental, ou filosófica, ofrecen lecturas iluminadoras sobre a grande creación dos xuizosos e intelixentes: a guerra. Unha clarividente mirada que os inocentes dan sobre a guerra civil.

Un espectáculo de narración teatral na que o creador das historias se move entre a proximidade cotiá co público e a identificación cos protagonistas da historia.

As persoas interesadas en asistir deben reservar previamente a súa entrada chamando dende xa (e ata completar aforo) ó 981 39 02 33.

Share.

Comments are closed.