O Concello saca a contratación as obras de restauración do pavimento das rúas Real e Paraíso

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de sacar a contratación as obras de restauración do pavimento de granito nas rúas Real e Paraíso. Actuarase naqueles puntos dos dous viais do Camiño Inglés que presentan danos pola fractura da pedra ou afundimentos derivados do tránsito de camións. O Concello investirá nestes traballos 43.852,53 euros, que sufragará na meirande parte con cargo á liña autonómica de subvencións para o embelecemento do litoral da Axencia Turismo de Galicia, financiada con fondos Next Generation. A licitación está aberta, e as empresas poden presentar a súa oferta ata o 3 de outubro, e consultar a documentación a través da plataforma de contratación do sector público.

A intervención permitirá acondicionar o firme dos dous viais, actuando nuns 40 puntos, para o que se utilizará materiais procedentes de canteiras da zona, e ao mesmo tempo, mellorará a accesibilidade e mobilidade na zona, favorecendo o tránsito en xeral e das persoas con diversidade funcional en particular, potenciando tamén un recurso turístico de primer nivel como é o Camiño Inglés ao seu paso por Neda.

Os traballos darán unha solución permanente no tempo, evitando arreglos puntuais por parte do Concello, e contemplan a retirada do actual pavimento de pedra granítica naqueles puntos nos que presenta danos e a súa sustitución por un material de similares características de entre 8 e 10 centímetros de espesor, así como a nivelación dos pozos e arquetas de rexistro.

Share.

Comments are closed.