O Concello de Neda vén de renovar os convenios de colaboración coas ANPAs dos colexios do municipio para colaborar no financiamento dos comedores escolares e o servizo de madrugadores, dous programas clave para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
Tanto no caso do CEIP San Isidro como Maciñeira, o acordo contempla unha subvención de 4.500 euros para sufragar os 6 meses -entre xaneiro e xuño- deste pasado curso 2020-21. Complétanse así os fondos tramitados respecto ao último trimestre do 2020.
Nesta liña, o alcalde, Ángel Alvariño, agradecía a colaboración das ANPAs nos programas e avanzaba que, de cara o inicio do curso, subscribirase un novo convenio para o último trimestre de ano.