Luns, Novembro 29

Cine de animación este xoves no Roxal co programa municipal “Miúdo Verán”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa municipal “Miúdo Verán” convida este xoves a nenos e nenas a unha sesión de cine ao aire libre. A polideportiva do Roxal acollerá a proxección do filme de animación “Espías con disfraz”. Será a partir das 22 horas, e as persoas interesadas en asistir poden reservar dende hoxe as súas entradas chamando ao 981 39 02 33.

O pase conta co apoio da Deputación a través da Rede Cultural e, sen dúbida, fará as delicias dos máis pequenos da casa. Aventuras e humor mistúranse nesta película, que vén precedida do aval de público e crítica.

Así mesmo, a programación de “Miúdo Verán” continuará a próxima semana. O día 12 de agosto ás 20 horas, o parque do Principiño será o escenario do espectáculo “Rockeamos todas con Pakolas” e, o día 26, ás 20 horas, a compañía galega Desincronacidas traerá ao campo de Subarreiros a súa función de novo circo OhLimpiadas.

Share.

Comments are closed.