O Concello invita ás familias a “rockear” con Pakolas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa municipal “Miúdo Verán” trae este xoves a Neda a Pakolas. A partir das 20 horas, o parque do Principiño será o escenario do espectáculo “Rockeamos todas con Pakolas”. O coñecido músico interpretará en directo unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, nos que as protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.

Unha proposta cultural para desfrutar en familia, incluída no programa Ler Conta Moito.

A reserva de praza ábrese hoxe (ata o mesmo xoves ou completar aforo) e debe formalizarse no teléfono 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 h.

Share.

Comments are closed.