O Concello de Neda convida a nenos e nenas a unha sesión de shuttleball nos Subarreiros

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda suma á programación deportiva de verán unha novidosa proposta: shuttleball. Unha práctica que mistura tenis, bádminton, squash e, sobre todo, altas doses de diversión. A sesión celebrarase o venres 20 de agosto na pista dos Subarreiros, en horario de mañá. Tres horas de deporte de 10,30 a 13,30 horas, dirixido a nenos e nenas a partir dos 6 anos.

As prazas son limitadas polos protocolos covid e a inscrición ábrese hoxe ata completar o aforo. As persoas interesadas deben chamar ao 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 h ou 667 393 192 de 17 a 20 horas.

Share.

Comments are closed.