O Concello de Neda vén de concluír as obras de acondicionamento do camiño Chisqueira-Galanos, na parroquia de Anca. O alcalde, Ángel Alvariño, explicou que os traballos contemplaron o aglomerado do vial, dun quilómetro de lonxitude, e limpeza de cunetas. Nas obras investíronse uns 47.000 euros, con cargo ao programa de axudas PEIM-Rural.
A intervención dá servizo ao núcleo de poboación de Anca Vella, e permitiu mellorar o firme do vial, moi deteriorado polo paso do tempo e tráfico rodado que soporta, o que redundará no reforzo da seguridade vial na zona.