Martes, Decembro 3

O Concello de Neda pon en marcha o servizo autonómico Xantar na Casa con 5 prazas para maiores e dependentes

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda pon en marcha, da man da Consellería de Política Social, o programa Xantar na Casa, destinado a persoas maiores de 60 anos dependentes ou en situación de exclusión social, e dependentes que carezan de apoio familiar e que requiran de axuda para a preparación de alimentos. Ofertará 5 prazas e é preciso solicitalas no departamento municipal de Servizos Sociais (con cita previa no 981 38 00 39).

O programa proporciona a posibilidade de complementar o servizo de axuda no fogar e de atender as necesidades relacionadas coa alimentación de persoas maiores e doutros colectivos ou usuarios que o precisen do servizo. Así, búscase manter ao máximo a súa propia capacidade de independencia e autonomía, e que teñan a posibilidade de permanecer nos seus propios fogares cunhas condicións aceptables. E, no eido familiar, preténdese contribuír no proceso de igualdade e de conciliación da vida familiar e laboral.

Este servizo sirve comidas no propio domicilio das persoas usuarias. Estas constan dun primeiro prato, dun segundo prato, sobremesa e pan, nunha única entrega semanal. Nesta entrega recíbense 14 bandexas distintas con comida para cada día da semana. A distribución das comidas organízase en barquetas individuais termoseladas de polipropileno, aptas para microondas.

Así mesmo, estas dietas son xenéricas, aínda que no caso de necesidades específicas máis concretas poderán ser dietas personalizadas, segundo pauta médica.

Share.

Comments are closed.