O Concello dá luz verde inicial á ordenanza que regula a administración electrónica

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello Pleno de Neda aprobaba inicialmente esta semana por unanimidade a súa ordenanza de administración electrónica. Un texto que regula, adaptándose á actual normativa, as condicións e efectos xurídicos da utilización das tecnoloxías na actividade administrativa municipal- en especial, o uso dos medios electrónicos na tramitación da dos procedementos administrativos-, as relacións entre o Concello e o resto de entidades do sector público, e tamén coa cidadanía, a fin de garantirlle os seus dereitos.

Con respecto a isto último, a ordenanza parte dá libre elección da canle a través do cal os cidadáns e cidadás se relacionan coa Administración, que obrigatoriamente será por medios electrónicos no caso de persoas xurídicas e determinadas persoas físicas. En todo caso, o texto recolle o dereito de calquera persoa a relacionarse co Concello a través de medios electrónicos.

Nesta liña, recolle a obriga da entidade local de “garantir o acceso da cidadanía aos servizos electrónicos” de forma libre e gratuíta. E para iso establece a existencia de oficinas de atención presencial “debendo contar con asistencia e orientación sobre a súa utilización”; puntos de acceso xeral electrónico, dispoñibles a través de internet; e, mesmo servizo de atención telefónica -“medida en que os criterios de seguridade e as posibilidades técnicas o permitan”- para facilitar á veciñanza á o acceso ás informacións e servizos electrónicos.

Coa vocación de axilizar o procedemento, a ordenanza recolle o principio de “só unha vez”, garantindo que os veciños e veciñas non teñan que aportar, agás excepcionalmente, datos que o Concello xa ten ou que xa están a disposición outra administración. Aposta ademais por reducir outras “cargas”, por exemplo, establece a preferencia polo uso de declaracións responsables e comunicacións previas, e as renovacións automáticas de autorizacións e licenzas previamente outorgadas.

A norma regula de forma pormenorizada funcionamento da sede electrónica, a difusión e acceso da información administrativa a través de medios electrónicos ou o funcionamento do rexistro electrónico e as actas audiovisuais dos plenos.

Segundo anuncia o BOP da Coruña, na súa edición de hoxe, a ordenanza sométese agora a información pública polo prazo de trinta días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación, considerándose definitivamente aprobada se nese tempo non se presenta ningunha reclamación.

Share.

Comments are closed.