Xoves, Outubro 28

Neda recupera “A memoria do salón da Ribeira”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura de Neda acolleu onte á tarde a presentación do documental “A memoria do Salón da Ribeira”. Alí estiveron as protagonistas da peza audiovisual producida polo Jazz de Ría co apoio do Concello: Carmen, Pachú e Rosa, así como a familia de Beatriz. Catro mulleres, catro testemuñas que permitiron recuperar e dar a coñecer a historia deste mítico salón de baile situado na ribeira de San Nicolás, activo entre finais do século XIX e principios do XX.

Todas elas compartiron con Aitana Cuétara, directora do festival Jazz de Ría e promotora do proxecto, os seus recordos en torno ao salón. Lembranzas herdadas dos seus pais, da filla dos propietarios do establecemento, de veciños e veciñas… xa que, coa excepción de Beatriz, ningunha delas chegou a ver o local aberto como salón de baile. Beatriz si, xa que como narra no documental, cando tiña 7 anos reabriuse con motivo do Patrón para facer alí un baile.

Trala súa estrea, Concello e Jazz de Ría avanzan que a veciñanza poderá visionar a peza a través das redes sociais e a páxina web municipal. Será nos vindeiros días, data que se anunciará previamente.

Share.

Comments are closed.