Xoves, Outubro 28

Os máis pequenos da casa teñen este venres unha cita en Neda con Bandullo Azul e o seu contacontos “Filipa cos contos”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A programación cultural do Concello de Neda traerá este venres ao municipio o contacontos de Bandullo Azul “Filipa cos contos”. Un espectáculo pensado para os máis pequenos e pequenas da casa que arrancará ás 18,30 horas no salón de actos da Casa da Cultura, incluído no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Para asistir é preciso reservar a entrada a partir deste mércores, 13 de outubro, chamando ao teléfono 981 39 02 33.

Neste espectáculo, Bandullo Azul propón unha viaxe a través dos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares. Na mesma, estará acompañado da súa amiga Filipa (moneco “muppet”), nun percorrido amenizado con música e cancións en directo (guitarra e voz).

Share.

Comments are closed.