A Casa da Cultura de Neda acollerá un obradoiro dirixido ás familias de rapaces e rapazas dos últimos cursos de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria sobre a prevención de adiccións ás novas tecnoloxías, redes sociais e videoxogos. Celebrarase o luns 13 de decembro ás 17,30 horas, con prazas limitadas e inscrición previa. A ficha pode descargarse da web municipal e enviarse ao correo servizos.sociais@fene.gal ou entregala nos centros de ensino, nos que tamén se contará cos ficheiros. O prazo conclúe o 10 de decembro.
A iniciativa forma parte do Plan de Promoción da Saúde e Prevención de conductas adictivas que impulsan os concellos de Neda, Fene e Mugardos co apoio da Consellería de Sanidade. Ao seu abeiro, celebráronse os obradoiros “Desenrédate”, que agora se complementan con esta charla, moi dinámica e participativa, impartida polo persoal técnico de ASEDUC.