Mércores, Decembro 4

A piscina de municipal acollera unha festa especial con inchables este xoves pola tarde

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tras a fin das cursiños de natación e de iniciación ao paddle surf, e coas vacacións escolares a piques de rematar, o Concello de Neda organiza unha festa fin de verán na piscina municipal. A cita será este xoves, 1 de setembro. E contará con propostas especialmente pensadas para o público infantil.

A actividade desenvolverase en horario de tarde, concretamente entre as 15.30 e 19.30 horas, e contará como principal atracción coa presenza de inchables, que permitirán aos máis novos gozar dunha tarde especial de xogos e diversión na auga. Ademais, tampouco faltará un pouco de música ambiente para amenizar a sesión.

Dende o Concello apuntan que esta iniciativa de lecer está aberta a calquera persoas, que adquira a entrada da piscina de Neda nesa xornada; e engaden que o horario da instalación deportiva será o habitual, manténdose aberta ata unha hora despois da finalización da actividade, é dicir, ata as 20.30 h.

As persoas que non queiran perderse esta Festa fin de verán poden mercar xa, por anticipado, as entradas para esa tarde especial na piscina. As persoas abonadas deben chamar por anticipado ao teléfono 981 39 02 33.

Share.

Comments are closed.