Cine ao aire libre este xoves na Cruz do Pouso coa proxección do filme Ons

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O ciclo de cine nocturno “Cinema visións” que promove o Concello de Neda co apoio da Deputación provincial da Coruña continuará este xoves na explanada da nave de Bouza, na Cruz do Pouso, coa proxección do filme “Ons”. En caso de choiva, o pase celebrarase na pista polideportiva do Roxal. A sesión dará comezo ás 22,30 horas e as persoas interesadas en asistir xa poden reservar a súa praza chamando ao 981 39 02 33 (hoxe de 9 a 13 h e de 16 a 20 h; e martes, mércores e xoves de 9 a 14,30 horas).

O filme, dirixido por Alfonso Zarauza e con intérpretes da talla de Melania Cruz, Antonio Durán «Morris», Xulio Abonjo, Anael Snoek e Marta Lado, vén avalado pola crítica e o público. Gañador de 9 Premios Mestre Mateo, entre eles o de mellor película, este drama aborda a viaxe de Vicente e Mariña a Ons para recuperarse das secuelas psicolóxicas que sofre Vicente tras sufrir un accidente de tráfico. A estancia prolóngase e comezan a aflorar escuros segredos.

 

Share.

Comments are closed.