Cía La Sincro chega o xoves a Neda co seu premiado espectáculo de circo “OhLimpiadas”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa “Miudo verán” trae a Neda a semana que ven o espectáculo “Ohlimpiadas”, de Cía La Sincro. Unha proposta que mestura humor, clown, acrobacias e danza e que mostra como sería a vida cotiá retransmitida como un deporte en directo. A proposta chegará ao campo de Subarreiros o 26 de agosto á tardiña, pero dende este luns ábrese o prazo para reservar butaca.

Recoñecido co Premio Fetén 2019 ao Mellor espectáculo de circo, “Ohlimpiadas” presenta a dúas limpadoras -Berta Garriga y Mónica Suárez- cansas da súa rutina diaria, que entran nun mundo de ensoñación no que a súa xornada laboral é retransmitida como se dunha competición olímpica se tratase. Un mundo narrado a través da voz en off de Julia Luna, comentarista de natación en TVE nos Xogos Olímpicos.

A cita para desfrutar con esta obra para toda a familia será o xoves que ven ás 20 horas. Con todo, a reserva de praza abrirase este luns ata completar aforo, e ten que formalizarse chamando ao teléfono 981 39 02 33, en horario de 10 a 14 horas.

Share.

Comments are closed.