O fotógrafo Álvaro Lamas trae a Neda a súa nova exposición: “Capturando a Natureza”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O fotógrafo Álvaro Lamas trae a Neda a súa nova exposición, baixo o título “Capturando a Natureza”, e a partir deste martes, 4 de outubro, poderá visitarse no Centro Cívico Ramón Millarengo de luns a venres de 10:00 a 12:00 e de 16:30 a 20:30 horas. Con entrada libre e ata o 28 de outubro.

A mostra forma parte do proxecto “Lost in Woodlands Photography” do fotógrafo mugardés, e a través dela achéganos a algúns dos lugares máis emblemáticos das comarcas de Ferrol, do Ortegal e da Mariña lucense. Paisaxes dunha inigualable beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única para esta nova expo con material inédito.

O artista estará mañá martes, ás 18:30 horas, no centro cívico nedense para compartir as súas impresións co público que desexe achegarse.

Share.

Comments are closed.