O Concello programa este sábado unha sesión de contacontos sensoriais para bebés

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O ciclo “Teatro en familia” continuará esta semana cunha sesión de contacontos sensoriais para bebés a cargo da compañía Eduvia. Celebrarase este sábado 8 de outubro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura. Incluída no programa Ler Conta Moito, a entrada é de balde, pero con retirada de convites na Biblioteca a partir de mañá martes (e co seguinte horario, de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h). 

A sesión está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos e ás súas familias. A través das palabras, das cancións, a lectura, os libros e obxectos manipulables fomentarase a experimentación a través dos sentidos na procura dunha experiencia feliz para os máis pequenos e pequenas. 

O programa «Tempo para o Teatro», que promove o Concello de Neda, conta co apoio da Xunta e da Deputación.

Share.

Comments are closed.