O pavillón municipal de San Isidro de Neda acollerá a partir do vindeiro luns, 2 de maio, os partidos correspondentes á fase de grupos do Campionato de España de Seleccións Femininas de Fútbol Sala que se disputarán en Galicia.
O campionato está organizado pola Real Federación Española de Fútbol, coa colaboración da RFGF e o Concello de Neda.
O municipio albergará os partidos correspondentes ao Grupo B das seleccións Sub 19 e Sub 16, que estará integrado polas territoriais de Andalucía, Rexión de Murcia e Navarra, co calendario que segue a continuación:
Sub-19 Feminina
XORNADA | DATA | PAVILLÓN | HORA | SELECCIÓNS | SELECCIÓNS |
1
| 02/05 | Municipal de Neda | 12:15 | MURCIA | NAVARRA |
2
| 03/05 | Municipal de Neda | 12:15 | ANDALUCÍA | PERDEDOR PRIMER PARTIDO
|
3
| 04/05 | Municipal de Neda | 12:15 | ANDALUCÍA | GAÑADOR PRIMER PARTIDO
|
Clasificarase para semifinais a selección que ocupe o primeiro lugar do grupo.
Sub-16 Feminina
XORNADA | DATA | PAVILLÓN | HORA | SELECCIÓNS | SELECCIÓNS |
1
| 02/05 | Municipal de Neda | 10:00 | MURCIA | NAVARRA |
2
| 03/05 | Municipal de Neda | 10:00 | ANDALUCÍA | PERDEDOR PRIMER PARTIDO
|
3
| 04/05 | Municipal de Neda | 10:00 | ANDALUCÍA | GAÑADOR PRIMER PARTIDO
|
Na mañá de hoxe, Rafael Louzán Abal, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, desprazábase á casa consistorial de Neda xunto ao delegado da RFGF en Ferrol, Abraham Yáñez Martínez, para ultimar os detalles da organización coa concelleira de Educación e Deportes, Ángeles Puentes. En nome da Real Federación Galega de Fútbol, agradecía ao Concello de Neda, ao alcalde, Ángel Alvariño, e á edil a colaboración brindada para acoller este evento nacional que convertirá á localidade en epicentro do fútbol sala feminino. Destacaba o tirón que este tipo de campionatos ten entre afeccionados de toda España, especialmente un público familiar, e como é habitual, vaticinaba que as gradas de San Isidro encheranse de seareiros e seareiras.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes e Educación animaba a todos os afeccionados e afeccionadas ao fútbol sala de Ferrolterra a seguir en directo un campeonato que se presenta apaixoante.
O fútbol sala feminino goza dunha gran tradición na nosa Comunidade, coa presenza de 4 equipos en Primeira División e outros 8 en Segunda, en el, o Concello ten na xogadora internacional Ale de Paz a mellor das representantes.