O Concello de Neda celebrará o Día de Rosalía cunha escolma da súa poesía

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda suma un novo acto á programación do Día de Rosalía da man do Colectivo Literario Moraima, A Grafía da Emoción. Así, este venres 25 de febreiro, a partir das 19 horas, o salón de actos da Casa da Cultura acollerá unha Escolma de Poesía a cargo dos seus integrantes, autores e autoras unidos polo seu afán de promover as súas creacións literarias en lingua galega, espallar a lingua, cultura, historia e tradicións da nosa terra de maneira solidaria por toda a bisbarra de Ferrolterra.

No acto, estarán acompañados á bandurria pola compositora Julia María Dopico Vale, e no mesmo, recitarán algúns dos versos máis significativos de Rosalía. A entrada é libre ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.