O Concello de Neda abre inscricións na Escola Municipal de Teatro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a nenos, mozos e adultos e participar nos obradoiros de teatro que celebrará na Casa da Cultura todos os mércores a partir do mes de outubro. Estarán guiados pola actriz Marián Rei, que repite como docente en Neda, e o actor e director Agustín Bolaños, dous mestres de luxo para a escola municipal.

Así, crearanse dous grupos, o infantil, con Marián Rey, e dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos e clases os mércores de 17:30 a 19:00 horas, e o de adultos, con Agustín Bolaños á fronte, para persoas de 14 anos en adiante -sen límite- e clases os mércores de 19:30 a 21:00 horas. 

A inscrición pode formalizarse, dende xa, na Casa da Cultura (en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas). O custe da actividade é de 10 euros/es para os/as menores de 14 anos; de 14 euros/mes para rapaces e rapazas de 14 a 18 anos e pensionistas, e de 20 euros/mes para maiores de idade. 

SOBRE MARIÁN REY

Formada na Escola de Teatro de Narón, Marián Rei conta cunha ampla experiencia como docente e monitora. Fundadora de Teatro Calavera, participou no elenco de diversas producións de compañías como Teatro do Andamio, Teatro do Morcego ou Bucanero Teatro, ademáis de participar en proxectos audiovisuais como webseries, curtas ou spots. 

SOBRE AGUSTÍN BOLAÑOS

Natural de Las Palmas de Gran Canaria, é na súa residencia nas Pontes de García Rodríguez cando comeza a súa convivencia co teatro en O Catre Teatro, baixo a dirección de Jose Luis Prieto, onde actualmente é director do grupo e da escola. Formouse na Escola de Teatro de Narón e con algúns dos mellores profesores e artistas de Galicia. Formou parte da compañía Elefante Elegante por case 6 anos, onde tivo varios roles, e actualmente combina os obradoiros (cos que comezou hai 13 anos) co traballo de producción da compañía Nova Galega de Danza, dixirida polo ferrolán Jaime Pablo Díaz.

Share.

Comments are closed.