O Concello aproba a gratuidade da escola infantil

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda aproba a bonificación do 100% da cota da escola infantil municipal. Trala súa entrada en vigor, as familias que recurran a este servizo de conciliación xestionado pola Administración local accederán gratuítamente ó mesmo. Para facer efectiva a medida, o Concello daba luz verde en pleno á derogación da ordenanza reguladora da escola e aprobaba unha nova normativa que equipara as tarifas ás fixadas pola Xunta de Galicia nos centros da rede pública autonómica.

En todo caso, o Concello de Neda confía en que a Xunta cumpla coa palabra dada e asuma o custe que implicará a gratuidade de modo que non o cargue nos concellos.

Así mesmo, a nova ordenanza contempla tamén os novos prezos dos servizos complementarios, axustados agora ás tarifas dos centros dependentes da Xunta. En concreto, o comedor e o horario ampliado -horas soltas a maiores do horario habitual-. Neste caso, o Concello establece bonificacións en función da renda das familias, a condición de familia numerosa ou monoparental ou a asistencia de máis dun fillo/a ó centro. Uns descontos que poden chegar ó 100% segundo o caso.

Os acordos plenarios publicaranse agora en boletín oficial, pasando así á fase de exposición pública. De non recibir alegacións, quedarían aprobados definitivamente, materializándose a súa entrada en vigor.

Share.

Comments are closed.