O Apalpador visitará este venres Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Apalpador visitará Neda este venres, 30 de decembro. Sobre as seis da tarde, convida a nenos e maiores a tomar parte nun pasarrúas que partirá da rúa Real -na intersección cos Subarreiros- para dirixirse á Casa das Palmeiras. Xa alí, continuará a música e a festa, con chocolatada incluída e agasallos. Así mesmo, os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro de decoración de Nadal con madeira e un taller de chapas.

A actividade, organizada pola escola Semente, conta co apoio do Concello de Neda e da Deputación provincial da Coruña.

Share.

Comments are closed.