Inscricións abertas na Escola Municipal de Teatro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre incricións na Escola Municipal de Teatro para o curso 2023-2024. Como en edicións anteriores, haberá dous grupos, un dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 6 e 14 anos, e outro para rapaces e rapazas a partir de 15 anos e persoas adultas. Tamén repetirá o equipo docente. Marián Rei encargarase de dirixir as sesións dos máis cativos, namentras que Agustín Bolaños asume a dirección do grupo de mozos/as e maiores de idade.

Nos dous casos, as clases terán lugar os mércores pola tarde, en horario de 17:30 a 19:00 horas (ata 14 anos) e de 19:30 a 21:00 horas.

A inscrición está aberta na Casa da Cultura (en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas). O custe da actividade é de 10 euros/es para os/as menores de 14 anos; de 14 euros/mes para rapaces e rapazas de 14 a 18 anos e pensionistas, e de 20 euros/mes para maiores de idade. A intención é comezar o curso o próximo mes.

EQUIPO DOCENTE

Formada na Escola de Teatro de Narón, Marián Rei conta cunha ampla experiencia como docente e monitora. Fundadora de Teatro Calavera, participou no elenco de diversas producións de compañías como Teatro do Andamio, Teatro do Morcego ou Bucanero Teatro, ademáis de participar en proxectos audiovisuais como webseries, curtas ou spots.

Natural de Las Palmas de Gran Canaria, é na súa residencia nas Pontes de García Rodríguez cando Agustín Bolaños comeza a súa convivencia co teatro en O Catre Teatro, baixo a dirección de José Luis Prieto, onde actualmente é director do grupo e da escola. Formouse na Escola de Teatro de Narón e con algúns dos mellores profesores e artistas de Galicia. Formou parte da compañía Elefante Elegante por case 6 anos, onde tivo varios roles, e actualmente combina os obradoiros co traballo de producción da compañía Nova Galega de Danza, dixirida polo ferrolán Jaime Pablo Díaz.

Share.

Comments are closed.