Aviso corte de auga

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os traballos de conexión das acometidas á nova rede de abastecemento de auga e instalación de novas válvulas de corte que se están a executar na Avenida de Alxeciras obrigarán a realizar un novo corte de auga programado mañá mércores, 27 de setembro, dende a rúa Roseira ata a Volta do Regueiro, Médico Cebreiro e Puntal de Abaixo. Zona que inclúe tamén as rúas Piñeiros e Lagareta. O corte será efectivo entre as 09:00 e as 20:00 horas, aínda que farase todo o posible por tentar reducir esa estimación horaria.  Dende o Concello, agradécese a compresión de veciños e veciñas coas obras, e pídese desculpas polas molestias ocasionadas.

Estes traballos inclúense na intervención de acondicionamento de beirarrúas e mellora das redes de servizos que promove o Concello de Neda no marco do POS 2022, cun investimento superior aos 101.000 euros. Unha intervención adxudicada á empresa Siber Ordes SL.

Share.

Comments are closed.