Aberta a inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento de natación na piscina municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organiza un verán máis, no marco da súa programación deportiva, cursos de natación para o público infantil na piscina municipal. A actividade formativa, para a que se abre o prazo de inscrición, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.

A piscina nedense, situada na contorna dos Subarreiros, volverá durante o período estival con cursiños destinados a que os máis pequenos da casa aprendan a nadar e que, quen xa saiba mellore as súas habilidades e técnica.

Apuntan dende o servizo de Deportes que as clases de iniciación desenvolveranse os luns e xoves, de 12 a 13 horas, namentres as de perfeccionamento terán lugar eses mesmos días, en horario de 11 a 12 horas. Indican ademais que se ofrecerá a posibilidade de anotarse por quincenas, buscando así dar certa flexibilidade ás familias que queiran saír de vacacións.

As inscricións poden facerse a través do teléfono 675835635, en horario matinal, e nas propias instalacións da piscina a partir do 23 de xuño. As prazas serán limitadas. O prezo será de 10 euros por quincena, ou de 17 euros por mes enteiro.

Share.

Comments are closed.