Aberta a inscrición nas funcións de teatro con monicreques do Festival Teatral de Entes Animados

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre hoxe o prazo de inscrición nas dúas funcións de teatro con monicreques que acollerá o municipio no marco da III edición do Festival Teatral de Entes Animados. En concreto, a compañía andaluza Búho Teatro representará “A ratita presumida” este sábado 25 de setembro ás 18,30 horas, e Thomas Herfort Marionetas, procedente de Alemaña, ofrecerá o seu espectáculo “Kabaré Púpala” o domingo 25 ás 12,30 horas. Nos dous casos, as funcións celebraranse na Casa da Cultura.

A entrada é gratuíta, pero dadas as limitacións de aforo é preciso reservar butaca chamando ao 981 39 02 33 en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas (ata o venres ou completar aforo).

O III Festival Teatral de Entes Animados terá lugar esta fin de semana en 7 escenarios simultáneos: Ares, Cabanas, Ferrol, Fene, Mugardos, Neda e Sada. Dende o venres e ata o domingo, 5 compañías nacionais e internacionais ofrecerán 7 espectáculos en 15 funcións, así como outras actividades como un taller de construción de monicreques para nenos e nenas na AVV de Canido (Ferrol).

Sobre os espectáculos que veremos en Neda

Partindo da versión do conto clásico, a obra de títeres “A ratita presumida” está enfocada para reflectir unha realidade máis actual, e para amosar diversos comportamentos de búsqueda de parella e estereotipos masculinos que poden darse na actualidade. Así, a obra amosa aos pequenos espectadores e espectadoras uns resultados diferentes aos esperados, distintos aos habituais dos contos clásicos onde a protagonista feminina conténtase con ser a dependente esposa do máis fermoso.

En Kabaré Púpala, Thomas Herfort trae os seus títeres de fío para amosarnos personaxes curiosos con talentos sorprendentes.

Share.

Comments are closed.