A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este xoves a Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os veciños e veciñas de Neda terán a oportunidade este xoves de doar sangue sen ter que saír do municipio. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos trasladarase 23 de novembro á localidade para facilitar este xesto voluntario e altruísta, que axuda a salvar vidas. Estará situada diante da Casa da Cultura, entre as 16 e as 21 horas.

Para doar será preciso acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar de identificación. Cómpre lembrar ademais que, tras a comida, haberá que esperar dúas horas para doar, e que a Axencia pon a disposición da veciñanza o número gratuíto 900 100 828 para consultar calquera dúbida.

Share.

Comments are closed.