O Concello de Neda volverá a organizar este ano a Cabalgata de Papá Noel tentando cubrir o máximo posible do territorio municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Papá Noel adiantará unhas horas a súa chegada á comarca para ver a todos os nenos e nenas de Neda. O Concello volverá a organizar a cabalgata, que tentará levar por todo o municipio, para repartir un pouco de ilusión entre os máis pequenos e pequenas da casa.

Neda cumprirá a tradición, e a carroza de Papá Noel e os seus paxes tentará percorrer de punta a punta a localidade durante o venres 23 de decembro. O obxectivo, que ningún neno quede sen ver ao lendario personaxe.

No seu percorrido polo municipio, a comitiva estará acompañada por efectivos da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, que anunciarán coas súas luces e sirenas o paso. Deste xeito, será máis fácil que os nenos saiban cando deben saír ao exterior das súas vivendas para saudar a Papá Noel.

Así, o desfile arrincará ás 10 horas da rúa Valle Inclán para iniciar un itinerario dunhas tres horas, ata as 13:00 h, con remate en Curros Enríquez. Tras un pequeno parón para recobrar forzas, retomarase sobre as tres do serán na Toeleira. O itinerario previsto rematará pola tarde sobre as cinco e media na Mourela do Medio, e Papá Noel dirixirase entón ata a Casa das Palmeiras para saudar a todos os nenos e nenas da localidade e recoller as súas cartas.

Share.

Comments are closed.