O Concello abre inscricións nas xornadas Deporte en Nadal que celebrará a vindeira semana para nenos e nenas de Neda de entre 4 e 12 anos. Dúas xornadas, o martes 27 e o xoves 29 de decembro, cargadas de actividades deportivas nas que os pequenos e pequenas poderán practicar diferentes disciplinas, e tamén participar nunha xincana navideña. A iniciativa desenvolverase no pavillón do CEIP San Isidro, en horario de 11:30 a 13:30 horas.
A participación é gratuíta, pero con inscrición previa, chamando de luns a venres -ata o luns 26 incluído- ao teléfono da casa consistorial: 981 38 00 39.