O Concello de Neda tramita as solicitudes para participar no programa de Termalismo Social

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, axuda aos veciños e veciñas a tramitar as súas solicitudes para tomar parte no programa de Termalismo Social do IMSERSO. Este ano, convócanse máis de 57.500 prazas nas diferentes quendas dos balnearios adscritos, cunha duración que oscila entre os 12 e os 10 días, en réxime de pensión completa. En todo caso, desenvolveranse entre os meses de outubro e decembro, e é preciso formalizar a solicitude antes do 1 de outubro. Para recibir o asesoramento na tramitación é preciso solicitar cita previa no departamento municipal de Servizos Sociais no 981 38 00 39.

Poderán participar pensionistas xubilados ou con incapacidade permanente recoñecida; pensionistas de viudedade con 55 ou máis anos; pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos, ou persoas aseguradas ou beneficiarias do Sistema da Seguridade Social, on 65 ou máis anos, entre outros. Igualmente, poderán ser persoas adxudicatarias das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou, no seu caso, a parella de feito ou coa que mantén unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal. E, por último, os fillos e fillas con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a quenda a desfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

En todo caso, a concesión de praza estará condicionada á disponibilidade das mesmas, por parte do Imserso, nos establecementos termais.

Share.

Comments are closed.