Martes, Decembro 3

“Neda a petiscos” convida a probar os manxares das tafonas locais en seis novas catas gratuítas na hostalería

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a veciños, veciñas e visitantes a sumarse esta fin de semana ás novas degustacións na hostalaría local de doces e empanadas dos fornos do municipio, incluídas no programa “Neda a petiscos”. A iniciativa está a pór valor a produción das emblemáticas panaderías da vila, agasallando con petiscos cheos de sabor á clientela dos negocios hostaleiros da localidade.

Na segunda fin de semana da campaña gastronómica municipal, poderanse probar petiscos de empanada e de doces, subministrados polo Concello a outra media ducia de establecementos de restauración e aloxamentos do municipio. En total, serviranse produtos procedentes de oito das dez tafonas que participan na iniciativa.

Calendario de degustacións

O sábado servirase gratis en La flor de mayo, acompañando ao café matinal, bola de ovo da Confeitaría O Carrizo; e petiscos variados de empanada na hora do aperitivo tanto en O Lagar (panaderías La Gallega e J. Castro Hermanos) como no Bar da pista, no Roxal (Viuda de A. Romero e La barra de oro). Ademais, nesta xornada poderán almorzar con bola de ovo do Forno de Binuca os hóspedes do Pazo da Merced.

O domingo será a quenda de La Cortesa, que contará coa proia de Panificadora Germán e, ao mediodía, de El rincón de Adri, que se estrea na campaña coas empanadas de Modesto Hermida e J. Castro Hermanos.

Con “Neda a petiscos”, que finalizará a fin de semana do 11 e 12 de maio, promociona o Pan de Neda e a calidade e variedade das elaboracións máis típicas das tafonas locais, nas que segue ben presente o toque artesanal.

Share.

Comments are closed.