Preto dun centenar de veciños e veciñas tomarán parte na I Ruta Ciclista en Familia por Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Preto dun centenar de veciños e veciñas de todas as idades subiranse á bici este sábado para tomar parte na primeira edición da Ruta Ciclista en Familia que organiza o Concello de Neda co apoio do clube Vara e Pedal. Unha marcha que partirá ás 10 horas do adro da igrexa de Santa María, para cubrir unha distancia duns 7,6 quilómetros. O itinerario, circular e de dificultade media-baixa, pasará polo camiño das Augas, Os Castros, Albarón, Mourela do Medio, Mosteirón, Maciñeira, Mourela Baixa, Muchiqueira, Pontegrande, Balbís, A Buhída, Puerta Basoa, Nogueirido, Os Pazos, Vilasuso, O Regueiro, Estación do Tren, Xeneral Morgado, rúa do Castro, San Nicolás, Os Subarreiros, rúa Real, e retorno a Santa María.

Un percorrido para desfrutar de Neda e practicar exercicio físico ao aire libre e na mellor compañía, o que aporta un plus de motivación. O Concello lembra ás persoas participantes a obrigatoriedade de acudir á cita con casco de protección.

 

Share.

Comments are closed.